A solicitude do programa ‘Aprende xogando’ impulsado pola Área de Cohesión Social pasa a ser trimestral e abre o prazo de solicitude o 1 de setembro

Aprende Xogando é un programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal.

Tras escoitar as propostas do veciños e veciñas do Concello de Lugo a solicitude pasa a ser por trimestres en vez de por meses independentes como viña sendo habitual nas anteriores edicións.

Xoves, 29 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Do 1 ó 6 de setembro estará aberto o prazo de solicitude na Casa da Muller para o programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, unha aposta da área de Benestar dirixida pola concelleira Olga López. As aulas do programa Aprende Xogando estarán situadas na Nave de Vías e Obras do parque da Milagrosa, no Centro de Convivencia Maruja Mallo e no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.

Tras escoitar as propostas do veciños e veciñas do Concello de Lugo que fan uso deste servizo informar que as solicitudes efectuaranse na Casa da Muller, pero este ano varian as temporalidades, pasando de ser mensual a trimestral. No primeiro trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de outubro, novembro e decembro o prazo de solicitude terá lugar entre os días hábiles do 1 ao 6 de setembro. Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo e ás mañás das vacacións de Nadal o prazo de solicitude terá lugar entre días hábiles do 1 ao 7 de decembro. No terceiro trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de abril, maio e xuño e ás mañás das vacacións de Semana Santa a solicitude terá lugar entre días hábiles do 1 ao 6 de marzo. No ultimotrimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de xullo, agosto e setembro e ás mañas das vacacións de verán, correspondentes á última semana de xuño, meses de xullo e agosto e primeira semana de setembro o prazo de solicitude terá lugar entre días hábiles do 1 ao 6 de xuño. Neste trimestre admítese a solicitude por meses independentes como viña sendo habitual ata agora (en lugar do trimestre completo), co fin de adaptarse ás vacacións estivais das/dos proxenitoras/es e/ou representantes legais.

O número máximo de menores participantes dependerá da capacidade de cada local e sempre en conformidade coa normativa vixente. Reservaranse cinco prazas para posibles urxencias por circunstancias especiais ou de emerxencia social.

Olga López aclara que ‘No prazo dos tres días hábiles seguintes ao da finalización da presentación de solicitudes, sairá a lista provisional de admitidas/os e reservas e será obxecto de exposición pública na Casa da Muller e en cada un