A sociedade luguesa manifesta o seu rexeitamento á violencia machista, a manifestación máis terrorífica das desigualdades de xénero

A Alcaldesa e membros da Corporación Municipal participaron nos actos conmemorativos que organizou o Concello ao longo da mañá cunha reivindicación clara: a loita contra a violencia machista

Sábado, 25 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Mosquera

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, e membros da Corporación Municipal de todos os grupos políticos, participaron este sábado na homenaxe ás vítimas de violencia de xénero que o Concello de Lugo organizou ao longo desta mañá. Os actos arrincaron coa entrega de premios aos gañadores do VII Concurso de Deseño Gráfico e do certame de fotografía, Antón Manuel Carral López, coa obra Por desgraza, isto non só forma parte do pasado. Cambia o presente, e Roberto Mouriz, coa instantánea Violencia de Xénero, respectivamente. Recibiron un diploma e un premio de 600 euros. No concurso de fotografía tamén se entregou un accésit, que recaeu na obra El Sueño Moderno, da lucense Belén Mendaña del Río.

Posteriormente, tivo lugar unha ofrenda floral, a lectura dun manifesto, a actuación musical de Ruth León, acompañada do guitarrista David Taboada, e unha solta de globos, na Praza de Santo Domingo, diante da árbore da vida. Aos actos tamén asistiu a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, e representantes do tecido social da cidade, así como clubes deportivos de Lugo. Ademais, tivo lugar unha andainae o izado dun lazo negro de globos na Mosqueira, tras a colocación de bandeirolas negras ao redor de toda a Muralla.

Ao comezo dos actos, Lara Méndez chamou a unión para erradicar a violencia machista, a manifestación máis terrorífica das desigualdades de xénero, e reivindicou máis recursos e medios para loitar contra esta lacra, que no que vai de ano acabou con 44 mullere