Shakespeare e Cervantes reflexionan este martes no Gustavo Freire sobre a imaxe pública das mulleres coa obra Royal Flush

Todos os interesados en asistir a este espectáculo que fusiona teatro e música en inglés, poden adquirir a súa entrada en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no mesmo auditorio

Martes, 01 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A compañía de teatro de Dublín Cup of Theatre achega este martes ao Auditorio Municipal Gustavo Freire a súa obra Royal Flush-Shakespeare vs Cervantes, dentro do programa da XVI Mostra de Teatro Clásico organizado polo Concello. Trátase dunha adptación que intrega nunha soa peza teatral a versión de La Ilustre Fregona de Cervantes e La fierecilla domada de Shakespeare e que fusiona teatro e música en lingua inglesa. Dende a comedia, Royal Flush aborda temas que son de actualidade para os adolescentes españois como os trastornos alimenticios e convida ao espectador a reflexionar sobre o avance e o estancamento da imaxe pública das mulleres.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, convidou aos lucenses a gozar desta versión moderna de dous clásicos co que se conmemora o 400 aniversario do falecemento dos dous dramaturgos nos que se basea esta obras, Cervantes e Shakespeare. Os interesados en asistir a este espectáculo poden adquirir a súa entrada na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. 

Paralelamente ás representacións teatrais, a XVI Mostra de Teatro Clásico ofrece a posibilidade de probar as tapas inspiradas nas obras que engloba o programa desta mostra, e que se poderán degustar entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Mangiarte, Manuel Manuel e Paprica.

Noticias relacionadas