Sete empresas optan a realizar as obras de peonalización do parque de A Milagrosa

Xoves, 25 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo abriu onte as plicas para a contratación das obras de peonalización do Parque de A Milagrosa, Fase 1, incluídas dentro dos 79 proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local de Lugo.

Foron oito as empresas que presentaron a súas ofertas, aínda que unha foi inadmitida ao non presentar todos os requisitos.

Os membros da Mesa de Contratación acordaron por unanimidade solicitar un informe técnico do servizo municipal de enxeñería para valorar os criterios de adxudicación técnicos, con carácter previo á realización da proposta de adjudicación.

As obras de peonalización do Parque de Frigsa, Fase 1,que conta cun orzamento máximo de 687.000 euros. Proxéctase a pavimentación dos viais duns dos maiores parques urbanos da cidade co obxectivo de humanizar o contorno convertíndoo nun parque peonil, nun lugar de desfrute para a xente, que sexa un espazo verdadeiramente público e sen tráfico. Unha vez rematada esta primeira fase, subvencionada polo FEIL, o Concello daralle continuidade con financiamento propio ou doutras administracións.

Noticias relacionadas