Sesión ordinaria do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo

Luns, 30 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A sesión ordinaria do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo hoxe venres 27 de xuño de 2008, contou coa asistencia de: Ana María Rúa Souto, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Innovación e Industria, que presidiu o Padroado; Ramón Cortés, Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria; Luís Abelleira, presidente de APREVAR; Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Xosé Anxo Lage Suárez, concelleiro de Lugo; Xosé Manuel Barreiro, concelleiro de Lugo; José Luis Otero Feijoo, Presidente de Fundiciones Pardo; José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio; e Xosé Antón Bao, Vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo.

 Ademais, completaron o Padroado Lourdes Pardo, Secretaria da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e Rubén López, Director Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Conclusións e acordos adoptados
 A reunión do Padroado, celebrada na Sala de Xuntas do feiral, transcorreu con total normalidade e nela tomáronse os seguintes acordos e resolucións:

1. Informe sobre as actividades realizadas no primeiro semestre de 2008 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo: debate e aprobación, felicitando á xestión polo incremento que ano tras ano se produce no número de actividades programadas e executadas. O xerente expuxo unha evolución por eventos dende 2004 ata 2008, onde se contempla un aumento considerable no número e variedade de actividades.
2. Estudio e aprobación das Contas do Exercicio 2007.
3. Estudio da proposta dun Convenio de Colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería para establecer no Pazo de Feiras e Congresos un Centro de Formación de Hostalería na cafetería e nas cociñas do mesmo.
4. Estudio da petición do C.D. Lugo de cesión de terreos pertencentes á Fundación Feiras e Exposicións para a construcción dun campo de fútbol.

No caso dos dous últimos puntos, o Padroado aprobou a cesión dun convenio. Dita decisión está condicionada á redacción de dous pliegos de condicións sobre os que o Padroado comezará a traballar en breve. Logo da redacción e, co acordo das dúas partes, se poderán pechar definitivamente ditos acordos, tanto co CD Lugo como coa Asociación de Hostalería de Lugo.

Noticias relacionadas