Semana Santa de cine no Vello Cárcere

A concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua programou unha escolma de filmes de temática relixiosa, pero abordada dende diferentes puntos de vista. Será o martes, mércores e domingo ás 18:00 e o xoves, venres e sábado ás 19:00 horas

Este centro cultural tamén acollerá visitas guiadas e catro exposicións

Luns, 26 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Vello Cárcere converterase nesta Seman Santa nunha sala de cine acollendo unha programación especial que recolle unha escola de filmes que teñen en común a temática relixiosa, pero abordada desde moi diferentes puntos de vista e desde xéneros heteroxéneos, que van dende a comedia, o biopic, o musical ou o cine histórico.

As proxeccións, que programou a Concelleíra de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, son as seguintes: o martes e mércores, ás 18:00 horas, Os xoves milagre e Xesucristo Superstar; respectivamente; o xoves, venres, sábado, ás 19:00 horas, Ben-Hur, A última tentación de Cristo e Ágora, e o domingo, ás 18:00 horas, O evanxelio según San Mateo. A entrada é totalmente de balde e as proxección poderán verse en versión orixinal subtitulada.

Este centro cultural tamén acollerá, como é habitual, visitas guiadas, o xoves e venres, de 18:00 a 21:00 horas, e sábado e domingo, de 11:30 horas e 13:30 horas e de 18:00 a 20:00 horas. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deben inscribirse previamente na recepción ou no 982-29-71-95.

A maiores, no Vello Cárcere poden visitarse distintas mostras: a obra escultórica de Álvaro Ledesma, a de fotografía de Niloufar Banisadr, unha sobre a historia do centro e outra que versa sobre a memoria histórica da represión franquista en Lugo.

Ademais, todos os días, ás 12:30 horas e ás 16:30 horas, dende diante da Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, partirán pola cidade distintas visitas guiadas.

Audio

  • Carmen Basadre sobre a programación de cine de Semana Santa| Descargar mp3

Noticias relacionadas