A Semana Internacional de cine de autor, coa que colabora o Concello, proxectará na cidade máis de 100 longametraxes

A programación, que se celebrará do 19 ao 24 de setembro, inclúe ciclos en homenaxe á ASPNAIS, ao Gran Teatro, á muller, a Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira pola película El desconocido

Luns, 12 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Semana Internacional de cine de autor, coa que colabora o Concello, proxectará na cidade máis de 100 longametraxes

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pila García, a Xefa do Servizo de Coordinación da área de Cultura da Xunta en Lugo, Yolanda Gómez, o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo da USC, Javier Bueno, o Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, e o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel, presentaron este luns a 38ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá do 19 ao 24 de setembro. No acto, o Grupo de Teatro Achádego, que participa na semana internacional de cine, fixo unha pequena representación de creación propia.

O Concello colabora con esta cita cunha achega económica de 18.000 euros. Tamén colabora a Deputación con 35.000 euros e a través da TIC, que elaborou un spotpromocional e varios vídeos de presentación de cada un dos ciclos que inclúe o festival, a Xunta de Galicia con 3.000 euros e o Campus de Lugo con 2.000 euros.

A 38ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo rende homenaxe a Buster Keaton no 50 Aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial da Semana, así como a reposición dalgunha das súas películas nas distintas salas do Festival.

As cintas foron seleccionadas tras recibir arredor de 1.000 longas e curtas, de 52 países de todo o mundo, das que seleccionaron máis de 100 para esta edición. Dentro da programación do festival, figura un ciclo sobre a discapacidade, como homenaxe á Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo (ASPNAIS), con motivo do seu primeiro cincuentenario e unha dedicatoria especial ao Gran Teatro, A muller protagonista, e a Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira pola película El desconocido.

Nesta edición, a programación conta con: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, A muller protagonista, Como a vida mesma, Arte de cine, Cine Galego, 50 Aniversario ASPNAIS, Día de Asturias, 20 anos sen o Gran Teatro, As curtas tamén son cine.

Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL,Vicerreitorado da Universidade (Casa do Coñecemento) e na Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas.

Programación

Gala Inaugural

O 19 de setembro ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire: Come, Pensamientos de Nil, Tempo.

Ciclo Infantil

Todas as actividades terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 horas.

  • 19 de setembro: Niko 2
  • 20 de setembro: El niño y la bestia
  • 21 de setembro: El capitán Diente de Sable y el tesoro de Lama Rama
  • 22 de setembro: Aviones de papel
  • 23 de setembro: Meñique y el espejomágico
  • 24 de setembro: El bandido Cucaracha

O mellor do ano

Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

  • 20 de setembro: Mustang
  • 21 de setembro: Techo y comida
  • 22 de setembro: El Clan
  • 23 de setembro: Dheepan

Sección Oficial

Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.

  • 20 de setembro: Todo saldrá bien
  • 21 de setembro: Atacada. La teoría del dolor
  • 22 de setembro: Culpables
  • 23 de setembro: La Casa Rosada

E para comer... Lugo

Todas as películas proxectaranse na Biblioteca Municipal ás 20:00 horas.

  • 20 de setembro: Deconstruyendo a Dani García
  • 21 de setembro: Detrás de la puerta
  • 22 de setembro: Dinar familiar, La cena está servida, El marido era fumigador de campos, Come
  • 23 de setembro: Una pastelería en Tokio

A muller protagonista

Todas as películas proxectaranse no MIHL ás 18:00 horas.

  • 20 de setembro: Soledad descalza
  • 21 de setembro: Boxing for freedom
  • 20 de setembro: En tránsito, Marcas na pel do papel

Como a vida mesma

Todas as películas proxectaranse no MIHL ás 20:00 horas.

  • 20 de setembro: Kafana (Basta ya), El camino del sol
  • 22 de setembro: Frankenstein 04155

Arte de cine

Todas as películas proxectaranse no Museo Provincial ás 20:00 horas.

  • 20 de setembro: Detrás del mito, Ashes
  • 21 de setembro: Y rozar contigo, O fuxir do tempo, Lolo Rico. La mirada no inventada
  • 22 de setembro: Arrabal, el genio y la locura, The Rakuexperience
  • 23 de setembro: El gran museo

Cine Galego

Todas as películas proxectaranse ás 18:00 horas.

  • 20 de setembro: Restart, A liña política, A última moeda, Aldeia Velha, Pingelap
  • 21 de setembro: Coristanco Über Alles, Alpuxarras (na Deputación) e Cinema anémico, Fálame do silencio (na Biblioteca)

Provincial

  • 22 de setembro: DMUS, Galicia Portobello Road, Nacer en septiembre, O descubrimiento de Américo
  • 23 de setembro: Rancor, Tú eres el camino, Unha muller que pasa/silencio, Unha inspiración

Noticias relacionadas