Seleccionadas as mellores ofertas para a instalación de dúas casetas e dous caldeiros do polbo no San Froilán ata o ano 2019

Das 8 propostas rexistradas, Ramiro López presentou a máis alta para a caseta e o caldeiro nº3; Full Solutions Import SL, do Carballiño, para a caseta nº1; e José Miguel Álvarez Rodríguez para o caldeiro nº1

Venres, 25 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A comisión avaliadora do proceso de contratación aberto polo Concello para adxudicar a instalación das dúas casetas e os dous caldeiros do polbo do San Froilán que quedaron vacantes para os anos 2017, 2018 e 2019 reuniuse na mañá deste venres no Edificio Administrativo do Concello para abrir as plicas, 8 en total, e seleccionar as ofertas economicamente máis altas. Ramiro López López fixo a proposta máis elevada para a caseta e o caldeiro número 3 (16.700€ e 10.400€, respectivamente), mentres que a mellor oferta para a caseta 1 foi a de Full Solutions Import SL, unha empresa con domicilio social no Carballiño adicada ao comercio ao por menor de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, con 36.120€, e para o caldeiro 1, a rexistrada a nome de José Miguel Álvarez Rodríguez, de 22.300€.

Tal e como establecen as bases que rexen este proceso, publicadas no Perfil do Contratante do Concello, na web www.lugo.gal, unha vez seleccionadas as ofertas economicamente máis vantaxosas, requiriráselles aos licitadores que presenten estas ofertas para que, dentro do prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte a aquel no que reciban o requirimento, presenten a documentación acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social, e de ter constituída a garantía definitiva que sexa procedente. No requirimento indicarase o importe da garantía que debe prestar (5% do importe anual ofertado). Deberán presentar igualmente a copia do seguro de responsabilidade civil esixido no apartado sexto das bases.

De non cubrirse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retira a súa oferta, e non se efectuará a adxudicación ao seu favor. Procederase, nese caso, a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte pola orde na que quedaron clasificadas as ofertas.

O órgano competente efectuará a adxudicación dentro dos 5 días hábiles seguintes á recepción da documentación. Unha vez acordada a adxudicación, notificaráselles aos licitadores e, simultaneamente, publicarase no Perfil do Contratante.

Para o ano 2017, poderán iniciar a montaxe o día 11 de setembro e comezar a actividade o día 29 de setembro, e manterse en funcionamento ata o día 1 de novembro.

Os prezos de saída e todas as ofertas presentadas aos caldeiros e casetas número 1 e 3 son os seguintes:

 

Prezos de saída

Caseta 1

Caseta 3

Caldeiro 1

Caldeiro 3

18.772,79€

16.627,33€

11.714,22€

10.375,46€

 

Licitador

OFERTA

OFERTA

OFERTA

OFERTA

1.- Ramiro López López

 

16.700€

 

10.400€

2.- Pulperías Aurora e Hijos SL

23.250€

 

13.900€

 

3.- José Miguel Álvarez Rodríguez

31.121€

 

22.300€

 

4.- Juan Antonio Pazo Baranda

26.500€

 

19.670€

 

5 Full Solutions Importe SL

36.120€

 

21.900€

 

6.- Aurora Baranda González

29.800€

 

20.001€

 

7.- Mª Jesús García Fernández

33.759€

 

22.053€

 

8.- Ramudo Import SL

19.001,11€

 

11.888,88€

 

 

Programa das festas

Por outra banda, a Mesa de Contratación reunida tamén esta mañá para abrir as plicas e seleccionar a mellor oferta presentada para a edición e distribución do programa oficial do San Froilán 2017 e a explotación da publicidade comercial, propuxo adxudicar o contrato a Editorial MIC, a única proposta presentada, segundo a que aboará ao Concello 2.600 euros pola explotación publicitaria. O importe mínimo establecido nos pregos é de 2.000 euros.

Noticias relacionadas