A segunda proba do 17º Circuíto Larsa Corre con Nós trasládase este domingo ao Paseo do Río Rato

Nestes momentos hai inscritos para o circuíto máis de 2.500 atletas. Este ano a distancia amplíase, dende os 400 metros para minibenxamíns, ata os 5.950 metros para adultos

Venres, 10 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Como vén sendo habitual nestes últimos anos, o Circuíto Larsa Corre con Nós volve ter como escenario o paseo do Río Rato.. A saída e chegada de todas as probas estará instalada ao comezo da estrada do Río Rato coa Tolda de Castela.

A primeira das saídas será a da categoría minibenxamíns, ás 12:00 horas. Os máis pequenos e pequenas terán que percorrer unha distancia de 400 metros. Posteriormente, ás 12:10, terá lugar a saída das categorías benxamín e alevín, é dicir, os nacidos entre os anos 2006 e 2009, cunha distancia de 1.200 metros.De seguido, ás 12:20 horas, disputarán a súa carreira os eas atletas de categoría infantil e cadete, cunha distancia de 2.200 metros, categoría que abarca aos nacidos entre os anos 2002 e 2005. A proba dos adultos partirá ás 12:40 horas, cunha distancia a percorrer de 5.950 metros.

Este ano, tal e como informara o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o Circuíto Larsa Corre con Nós ampliou as diferentes clasificacións con novas categorías, como son as de colexios, familias e equipos.

A día de hoxe, despois da primeira das probas, as diferentes clasificacións son as seguintes:

  • Por colexios, primeiro o CEIP Illa Verde, segundo o CPR Padres Franciscanos e terceiro o CEIP Anexa
  • Por familias, a primeira é a de José Luis Díaz Vázquez, seguido da familia de Daniel López Cando e a de Fernando Rouco Fernández
  • Por equipos mixtos, encabeza a clasificación o Verxel Nutrición, segundo é o Erika Pilates, e terceiro o Penarrubia
  • En canto aos equipos masculinos, o primeiro é o Monumental, segundo o Fluvial Monte Segade e terceiro o Marraners
  • O Monumental tamén encabeza a clasificación feminina, seguido polo Fluvial Monte Segade, co Muller en forma en terceiro lugar

Miguel Fernández animou a toda a gran familia do Circuíto Larsa Corre con Nós a gozar dunha atlética mañá este domingo, nun fermoso paraxe da nosa cidade, como é o do río Rato.

Noticias relacionadas