A segunda edición do programa Lugo de pedra en pedra trae novas actividades xeoturísticas para os próximos meses

As actividades terán lugar entre o 2 de abril e o 27 de xuño son de carácter gratuito e para participar hai que inscribirse na Oficina Municipal de Turismo  ou no teléfono 982. 251.658

Martes, 31 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A segunda edición do programa Lugo de pedra en pedra trae novas actividades xeoturísticas para os próximos meses

As actividades terán lugar entre o 2 de abril e o 27 de xuño son de carácter gratuito e para participar hai que inscribirse na Oficina Municipal de Turismo  ou no teléfono 982. 251.658

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou unha nova edición do programa Lugo Pedra a Pedra, que ten un carácter turístico-cultural e que se desenvolverá entre o sábado 2 de abril e o 27 de xuño de 2015 de maneira gratuita.

Trátase dun proxecto de xeoturismo co que ven dá resposta as novas sensibilidades que se están manexando en materia turística a nivel internacional, ademais de ser unha experiencia enriquecedora para os propios lucenses, pois transmitirá interesantes e sorprendentes coñecementos sobre a xeodiversidade do noso municipio, tanto do ámbito urbano como do rural. Ademais esta edición ten como fio condutor o feito de que o ano 2015 foi designado pola UNESCO como Ano Internacional dos Solos.

Carmen Basadre manifestou que “se trata de abordar un enfoque moi novidoso para fundamentar un novo programa de actividades que está esquecido e ten que ver coa xeoloxía”.

As actividades propostas combinan contidos didácticos con saídas de campo para a observación directa e rutas guiadas pola cidade e os arredores. O obxecto do programa vai ser o descubrimento das rocas, os fósiles, os minerais, as estruturas xeolóxicas e os paisaxes que conforman a xeodiversidade de Lugo e que o ano pasado tiveron moito éxito entre todos os públicos. Para participar hai que inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, lugoturismo@concellodelugo.org e no teléfono 982.251.658.

En total son seis actividades ao longo destes tres meses comezando este xoves 2 de abril  o sábado 4 de abril de 12 a 14 horas coa Ruta Urbana Xeoloxía do Lugo Romano no que se dará a coñecer a orixe xeolóxica da cidade desde a perspectiva do mundo romano. O itinerario sairá dende o miradoiro da Volta da Viña, Mirador do Parque Marcos Cela, termas e Ponte Romana, Calzada da Ponte, Rúa Bon Xesús e Rúa Bispo Aguirre.

A segunda cita xeolóxica será o domingo 10 de maio de 11 a 18 horas co Paseo Xeolóxico polo Treito Urbano da Vía Romana XIX con saída dende Nadela e finalización en San Román da Retorta cun total de 26 quilómetros.

A Xornada Sedimentolóxica que dará a coñecer as propiedades dos solos e das augas será o sábado 16 de maio das 11 ás 18 horas con saída da Ponte Romana, Paseo fluvial, Parque Marcos Cela, Rosalía de Castro, Barrio da Mina, Ponte da Chanca, e remate na ribeira do Rato.

O sábado 30 de maio entre as 18 e as 20 terá lugar o Xogo do Reloxo Xeolóxico dirixido a todas as idades pero especialmente en especial ás familias xa que ese día conmemórase o Día Mundial do Xeólogo e o punto de celebración é o Parque do Sagrado Corazón.

Os arredores da Ponte Romana e o paseo fluvial acollerá a celebración dos Xogos Precámbricos o sábado 6 de xuño entre as 18 e as 21 horas dirixido a un público infantil e xuvenil para render homenaxe ao glorioso pasado romano da cidade.

A última das actividades é a Xincana Xeolóxica Lucus Petreus o sábado 27 de xuño entre as 18 e as 20 horas nos arredores da Catedral, Praza Maior e Praza do Campo. Os xogos á súa vez versarán fundamentalmente sobre os tesouros xeolóxicos de natureza mineralóxica e petrolóxica agochados nas paredes, nos pavimentos e tamén nalgún monumento.

Programa Lugo Pedra a Pedra 2015

 

Multimedia

Noticias relacionadas