Segue aberto o prazo para solicitar autorización para a instalación de postos durante o Arde Lucus na Praza Maior

Os interesados teñen ata o 24 de abril para presentar as súas ofertas aos 65 postos de venda

Martes, 07 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa que ata o 24 de abril segue aberto o prazo para a licitación de 65 postos de venda de mercadorias, e no que se prohibe a elaboración de comida, coñecido como Macellum e situados na Praza Maior durante as festas do Arde Lucus 2015.

A autorización e ocupación terá unha vixencia prorrogable por tres anos máis dende o 2016, 2017 ata o 2018. O prezo ofertado (taxa) será un dos criterios de adxudicación para proceder á autorización da parcela que é dun mínimo de 0,88 euros por dia por metro cadrado de terreo ocupado. Non se rexerán baixo estas bases os postos de elaboración de alimentos.

O tamaño dos postos varía dende os máis pequenos de 2x2 metros posto cunha taxa mínima de 15,84 euros ata os máis grandes de 16x3 metros posto e que requiren unha taxa mínima de 168, 96 euros.

Noticias relacionadas