San Froilán 2018: o máis entretido, diverso e con gran espíritu festeiro da xente na rúa das últimas edicións

"Triunfou a tradición e a cultura, pero tamén triunfaron as novas apostas", destacou Carmen Basadre, que non se olvidou dos grupos de Lugo, "unha aposta importante e exitosa pola xente de aquí, que se viu na asistencia de público a todas as súas actuacións"

"O San Froilán sigue existindo e triunfando, é unha festa que non morrerá, pois ten un espíritu vivo", asegurou a edil, quen declarou a satisfación do Goberno, en canto a participación, asistencia e normal desenvolvemento da programación

Os datos da Oficina Municipal de Turismo e da caseta informativa da Praza Maior, onde o Concello atendeu a máis de 11.000 persoas, e a ocupación hoteleira do 97%, amosan o éxito dos festexos, declarados de Interese Turístico Nacional

O prazo para presentar obras ao II Concurso Olladas do San Froilán que convoca o Concello remata o 2 de novembro. Existe un único premio de 1.600 euros

Luns, 15 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
San Froilán 2018: o máis entretido, diverso e con gran espíritu festeiro da xente na rúa das últimas edicións

Obxectivamente, o San Froilán 2018 foi unha das mellores festas dos últimos anos. Así o manifestou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen asegurou que as patronais deste ano destacaron por ser as máis divertidas, entretidas e diversas das últimas edicións, con gran espíritu festeiro da xente nas rúas. Péchanse así 9 días de festas cunha programación de máis de 280 actividades aptas para un público de todas as idades.

"Triunfou a tradición e a cultura, pero tamén triunfaron as novas apostas", destacou a edil, quen fixo énfase en dous dos concertos máis multitudinairos; a actuación de Rozalén, "un concerto moi especial", e o de Hombres G, que reviviron na Praza Horta do Seminario a maxia dunha época; sen olvidarse dos grupos de Lugo, "unha aposta importante e exitosa pola xente de aquí, que se viu na asistencia de público a todas as súas actuacións", tanto as sesións vermús, os pasarrúas ou distintas actuacións nas que participa a xente de Lugo, como a Noite Sabinera, o espazo hip-hop ou a noite de Djs, entre outros. Nesta liña de ocos para diversos espazos musicais destacou tamén o Sanfroidance, co que o Concello colabora cunha achega de 15.000 euros, ademais de dispoñer a carpa e a producción, que de novo conseguiu poñer a Lugo e ao San Froilán como epicentro de música negra e electrónica.

Carmen Basadre tamén fixo fincapé no cheo total que conseguiron as orquestras La Favorita, Pontevedra e Cinema; "onde a Praza maior viviu unha sesión vermú e unhas noites maravillosas". O feiral tamén estivo masificado, cunha xornada completa onte, Día das nenas e dos nenos, onde os distintos carruseis ofreceron prezos especiais. Gastroarte e a carpa de Cultura e Tradición no Camiño alcanzaron un ano máis espertar o interese das persoas asistentes.

Un ano máis, os actos máis tradicionais, como o pregón, a cargo de Manuel Lombao, o desfile de gando, a mostra de traxes galegos, ou a ofrenda a Rosalía, de máns de Paloma Lugilde, mantiveron a capacidade de convocatoria; do mesmo xeito que o San Froilán Miúdo. En xeral, toda a programación logrou concentrar numeroso público, destacando o espectáculo piromusical e video mapping do día 5 de outubro, coa historia do patrón.

"O San Froilán sigue existindo e triunfando, é unha festa que non morrerá, pois ten un espíritu vivo", quixo remarcar Carmen Basadre, quen declarou a satisfación do Goberno, tanto no que se refire a participación, asistencia e normal desenvolvemento da programación.

Os datos oficiais da Oficina Municipal de Turismo e da caseta informativa que instalou o Concello na Praza Maior, onde a entidade local atendeu a máis de 11.000 persoas, como a ocupación hotaleira ofrecida pola APEHL, ao redor do 97%, amosan o éxito de participación dos festexos, declarados de Interese Turístico Galego e Nacional.

Basadre amosou o agradecemento do Goberno a todas as persoas que visitaron Lugo estes días, que fixeron que as festas sexan de todos e para todos; e convidou a seguir gozando co produto gastronómico estrela do San Froilán, o polbo, nas casetas, que continuarán abertas ata o día 4 de novembro.

II Concurso Olladas do San Froilán

O Concello impulsou de novo o concurso de fotografía e vídeo Olladas do San Froilán, un certame que ten como obxecto difundir as festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional, a través de pezas audiovisuais de libre creación, que aporten as particulares miradas das persoas participantes, e que recollan calquera dos variados aspetos que caracterizan estes festexos.

O concurso está aberto a persoas maiores de 18 anos de idade. O prazo para presentar obras remata o 2 de novembro. As bases do certame pódense consultar na propia web das festas sanfroilan.info. Existe un único premio de 1.600 euros.

As redes sociais dos festexos

En canto ao balance das redes oficiais do San Froilán, en Facebook superáronse as 12.000 persoas seguidoras, con máis de 10.000 visitas á paxina. Nesta rede social, o alcande das publicacións foi de 177.080, 118.760 interaccións coa páxina e 91.374 reproduccións de vídeo.

No referente a Istagrama, superáronse os 1.000 seguidores, medrando en torno ao 50%. O alcance das publicacións foi de máis de 60.000 eprsoas, e as interaccións, máis de 73.500.

Por último, en Twitter, o San Froilán alcanzou 181.000 impresións, 8.224 visitas ao perfil e 240 mencións.

Audio

Noticias relacionadas