Sabor a San Froilán no Mercado Municipal e na Praza de Abastos

Carmen Basadre,  Rosana Rielo e Ana Prieto achegáronse a estas instalacións municipais, onde tivo lugar unha degustación de 300 tapas elaboradas con produtos de primeira calidade 

Luns, 09 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Sabor a San Froilán no Mercado Municipal e na Praza de Abastos

As concelleiras de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre; Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e Economía, Recadación e Facenda, Ana Prieto, achegáronse este luns ao Mercado Municipal e á Praza de Abastos, onde tivo lugar unha degustación de tapas elaboradas con produtos que se venden nestas instalacións municipais.

Deste xeito, esta iniciativa ten como obxectivo incentivar a compra de produtos autóctonos de primeira calidade no mercado e na praza así como recoñecer o talento e bo facer das cociñeiras e cociñeiros de Lugo na elaboración e presentación de tapas, símbolo de identidade de Lugo e un dos motores do turismo lucense. Así mesmo, o Concello busca pór en valor, tamén nestes festexos, unha experiencia senlleira que forma parte do patrimonio gastronómico da cidade, o tapeo.

As decenas de persoas que se achegaron a degustar as 300 tapas preparadas tiveron a oportunidade de facerse coas receitas para elaboralas na súa casa, sorprendendo a amigos e familiares con gusto e sabor a San Froilán, panna cotta con chiles, cítricos e areas de café, romaría de verduras, polbo, gargallada de queixo a chiste de marmelo, nigiri de presa ibérica curada en sal, azucre, café e pementa negra con kimche de pak choi e herbas frescas e semur indonesio de agulla de vaca con nachos, chiles e alfabaca, elaboradas polo Mangiarte e o Mercado Street Food. 

Audio

Multimedia

  • Sabor a San Froilán no Mercado Municipal e na Praza de Abastos
  • Sabor a San Froilán no Mercado Municipal e na Praza de Abastos

Noticias relacionadas