Rubén Arroxo: “a rehabilitación do soto da Praza e a peonalización de Quiroga Ballesteros realizaranse de maneira coordinada”

O Tenente de Alcalde participou xunto cos concelleiros de Participación e Infraestruturas nunha primeira xuntanza de coordinación

Nas vindeiras semanas comezarán os traballos no soto da Praza, que durarán 75 días

Martes, 19 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo: “a rehabilitación do soto da Praza e a peonalización de Quiroga Ballesteros realizaranse de maneira coordinada”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, participou xunto cos concelleiros Alexandre Penas e Cristina López e acompañados de persoal municipal nunha primeira xuntanza de coordinación entre as empresas concesionarias e as direccións de obra da peonalización de Quiroga Ballesteros e da reforma do soto da Praza de Abastos. Rubén Arroxo explicou que “o obxectivo destas xuntanzas é que ambas empresas traballen de maneira coordinada para levar a cabo ambas intervencións”.

Estas xuntanzas continuarán durante a execución dos traballos para garantir en todo momento os accesos á praza e os espazos de carga e descarga, tratando de reducir as molestias ao mínimo para a veciñanza e os postos”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “cando ambas actuacións estén rematadas, a veciñanza de Lugo contará cunha Praza totalmente renovada, e cunha zona emblemática do centro de Lugo completamente humanizada”.

A rehabilitación do soto da Praza de Abastos contratouse por 586.625€, e un prazo de execución de 75 días. O proxecto inclúe a renovación de instalacións e servizos, como electricidade, auga, telecomunicacións e calefacción, ademais de mellorar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza de coordinación do soto da Praza | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo: “a rehabilitación do soto da Praza e a peonalización de Quiroga Ballesteros realizaranse de maneira coordinada”

Noticias relacionadas