Rubén Arroxo presenta a segunda edición do festival de arte urbano CULTURBAN, que comezará cun combate mural o 21 de agosto

Rubén Arroxo: "Culturban é unha mostra de arte na rúa que propón redescubrir a contorna urbana a través de distintas intervencións artísticas”.

As inscripcións ao combate mural estarán abertas ata o 13 de agosto, e os artistas seleccionados comunicaranse o 17.

Xoves, 15 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo presenta a segunda edición do festival de arte urbano CULTURBAN, que comezará cun combate mural o 21 de agosto

O Tenente Alcaldesa, Rubén Arroxo xunto co artista local Iago Eireos, representando ao espazo LUPA Arte presentaron a segunda edición do festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. "Retomamos por segundo ano esta proposta que nos permitiu durante os últimos meses desfrutar de varias intervencións artísticas por toda a cidade, mellorando a imaxe de  moitas rúas de Lugo", explicou Rubén Arroxo.

A segunda edición do Culturban comezará co II combate de pintura mural, que se celebrará o vindeiro 21 de agosto, onde participarán 10 muralistas que se seleccionarán segundo a súa traxectoria artística

As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 13 de agosto, e as e os artistas interesados en participar deberán achegar un currículo e un dossier cos seus proxectos e traballos máis relevantes.

O 17 de agosto comunicaranse os artistas seleccionados para participar no II combate de pintura mural, que terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 21, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€.

Máis info

Audio

  • O Tenente Alcaldesa, Rubén Arroxo, sobre o II Combate de Pintura Mural | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo presenta a segunda edición do festival de arte urbano CULTURBAN, que comezará cun combate mural o 21 de agosto
  • Rubén Arroxo presenta a segunda edición do festival de arte urbano CULTURBAN, que comezará cun combate mural o 21 de agosto

Noticias relacionadas