Rubén Arroxo presenta o novo bus que se incorporará ao servizo de transporte urbano

Estes novos vehículos, máis eficientes, incorporan os últimos avances en seguridade e axudas á condución, e cubrirá a liña 11

Arroxo: “agardamos poder iniciar a implantación do SAE nas vindeiras semanas”

Xoves, 08 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo presenta o novo bus que se incorporará ao servizo de transporte urbano

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, presentou no día de hoxe o novo microbus Mercedes co que conta o Concello, que a partir de mañá cubrirá o servizo da liña 11. “Queremos que a xente aposte polo bus urbano porque reducindo tráfico na cidade avanzamos nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “continuamos a renovar os buses que, segundo o contrato vixente, deben renovarse antes de cumprir os 15 anos”

O novo vehículo que se incorpora á flota ten un menor consumo de combustible que os modelos anteriores, polo que emiten menos substancias contaminantes, por debaixo dos niveis marcados pola normativa Euro VI. Ademais, segundo explicou Arroxo, “incorpora os últimos avances en seguridade na condución e cumpre cos protocolos COVID”. O redeseño interior, destacado por incluír grandes cristaleiras con cristais tintados para evitar molestias causadas pola luz solar sen ter que engadir cortinas que poidan ser tocadas por varias persoas. O posto de conducción conta con mampara para protexer