Rubén Arroxo presenta as conclusións do estudo de tráfico realizado na Avenida da Coruña

Rubén Arroxo: “as medicións de tráfico da Avenida da Coruña móstrannos que unha rotonda aumentaría a fluidez do tráfico”

O estudo presenta a alternativa da rotonda para permitir avanzar na peonalización do centro da cidade sen pechar o acceso ao aparcadoiro da praza de Ferrol

Mércores, 04 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo presenta as conclusións do estudo de tráfico realizado na Avenida da Coruña

O Tenente de Alcalde e responsábel de área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, presentou xunto ao concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, as conclusións do estudo de mobilidade iniciado no mes de setembro, cando se realizaron medicións de fluxo de tráfico na intersección entre a Ronda da Muralla e a Avenida da Coruña. Rubén Arroxo indicou que “este estudo analizou as necesidades ao respecto da mobilidade na zona, ademais das vantaxes e desvantaxes das actuacións que o propio estudo propón”.

Rubén Arroxo explicou que “actualmente estamos a analizar todas as posibilidades a desenvolver na zona para avanzar de cara á total peonalización do centro da cidade”, e engadiu que “temos o obxectivo político claro, mais agora debemos traballar tendo en conta todas as posíbeis solucións e actuacións a desenvolver”.

Rubén Arroxo indicou que “os resultados do estudo avalían positivamente a creación dunha rotonda neste espazo, adaptando as infraestruturas existentes a esta nova distribución do tráfico”, e engadiu “de cara ao futuro permitiría, no momento no que se avance de cara á peonalización do casco histórico, o acceso ao aparcadoiro da praza de Ferrol por San Fernando”. Ademais, segundo indicou Rubén Arroxo, “facilitaría tamén a futura transición de cara a unha futura unidireccionalidade da Avenida da Coruña”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde e responsábel de área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o estudo de tráfico | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo presenta as conclusións do estudo de tráfico realizado na Avenida da Coruña

Noticias relacionadas