Rubén Arroxo: “nos vindeiros días reforzarase o alumeado público da rúa Alcalde Xosé Novo Freire”

Desde a área de Infraestruturas realizarase esta intervención “tentando aplicar a perspectiva de xénero no alumeado público para incrementar a visibilidade polas noites”

No último ano e medio orzamentáronse 2.450.000€ na renovación do alumeado público da cidade

Luns, 04 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo: “nos vindeiros días reforzarase o alumeado público da rúa Alcalde Xosé Novo Freire”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que desde a área de Infraestruturas se reforzará, nos vindeiros días, o alumeado público da rúa Alcalde Xosé Novo Freire dado que nesta fin de semana, unha veciña de Lugo expresou nas redes sociais a falta de alumeado nesta zona, que desembocou nunha incidencia desagradable para ela.

Desde a chegada ao goberno fixemos un importante esforzo por renovar e mellorar o alumeado público de toda a cidade”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “nestas actuacións tentamos aplicar tamén a perspectiva de xénero para incrementar a visibilidade nas noites”.

Desde a área de Infraestruturas realizouse, no último ano e medio, un investimento de 2.450.000€ adicado á renovación do alumeado público da cidade. Nas renovacións levadas a cabo, substituíronse elementos contaminantes utilizados na instalación antiga, como luminarias de vapor de mercurio, por luminarias LED de baixo consumo enerxético.

“Estas actuacións permitiron non só mellorar a seguridade das rúas, senon reducir o consumo enerxético e polo tanto o impacto ambiental e as emisións de CO2 á atmosfera”, afirmou Rubén Arroxo.

Audio

  • O edil da área de Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a renovación do alumeado público | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo: “nos vindeiros días reforzarase o alumeado público da rúa Alcalde Xosé Novo Freire”

Noticias relacionadas