Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á gala das Mestras e Mestres da Memoria 2021, que se celebrou no Vello Cárcere

A área de Cultura colabora coa organización desta gala, “unha das citas máis importantes sobre a tradición oral de Galiza”, segundo declarou Maite Ferreiro.

A AELG premiou nesta edición a Teresa dos Cucos e a Aurelio Ramos Ogando.

Venres, 29 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á gala das Mestras e Mestres da Memoria 2021, que se celebrou no Vello Cárcere

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron esta tarde á gala das Mestras e Mestres da Memoria, organizada pola AELG coa colaboración da área de Cultura no Vello Cárcere. Maite Ferreiro afirmou que “esta cita é unha das máis destacadas no eido da tradición oral galega e desde a área de Cultura continuamos a colaborar coa AELG para levala adiante”.

A AELG recoñeceu este ano como Mestras e Mestre da Memoria 2021 respectivamente a Teresa dos Cucos e Aurelio Ramos Ogando, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular. Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa compuxeron o xurado, ao formar parte do grupo de traballo da sección de Tradición Oral da AELG.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á gala das Mestras e Mestres da Memoria 2021, que se celebrou no Vello Cárcere

Noticias relacionadas