Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan Castelo, onde se están a levar adiante varias intervencións

A concellería de Infraestruturas está a renovar o firme do camiño que comunica a estrada da Fonsagrada coa Estrada Vella de Castelo, ademais do camiño da Escola Vella de Castelo

Rubén Arroxo: “seguimos traballando para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das zonas urbanas e periurbanas”

Mércores, 16 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan Castelo, onde se están a levar adiante varias intervencións

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou Castelo xunto con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas e veciños e veciñas da zona. Arroxo destacou “as distintas intervencións realizadas na zona de Castelo, dentro do plan de traballos nas zonas urbanas e periurbanas que planificamos desde a concellería de Infraestruturas”.

Nestes días, o Goberno de Lugo está a actuar en dous camiños da zona de Castelo, no coñecido como Estrada Vella e no camiño da Escola Vella de Castelo, onde se está a renovar a capa de rodadura con saburra e con formigón de 10 centímetros de espesor, respectivamente.

Ademais, na Travesía de San Eufrasio estase a renovar a banda de rodadura con mestura asfáltica en quente, o que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial, e garantirá unha duración prolongada da actuación. 

Arroxo destacou que “desde a concellería de Infraestruturas planificamos o traballo a realizar tendo en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven”.

Audio

  • O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a visita a Castelo | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan Castelo, onde se están a levar adiante varias intervencións

Noticias rel