Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con representantes da comunidade colombiana en Lugo

Rubén Arroxo: “rexeitamos a violencia exercida polo goberno colombiano contra o pobo”

O Tenente de Alcalde afirmou que “o Goberno de Lugo solidarízase co pobo colombiano na súa loita contra a represión”

Martes, 11 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con representantes da comunidade colombiana en Lugo

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con representantes da comunidade colombiana de Lugo, na que trasladaron “o apoio e a solidaridade do Goberno de Lugo co pobo colombiano na súa loita contra a represión”, segundo afirmou Rubén Arroxo.

O Tenente de Alcalde rexeitou “a violencia exercida polo goberno colombiano contra o pobo”, exercida desde o pasado 28 de abril, cando a poboación de máis de 500 concellos de Colombia acolleron mobilizacións en protesta contra o goberno de Iván Duque, en cuestións como a xestión da pandemia, a falta de implementación de acordos de paz e os ataques a líderes sociais que reclamaban un cambio na política do país.

“Estas mobilizacións foron reprimidas polo estado, producíndose varios asasinatos , e centos de feridas, ademais de detencións que na súa maioría son arbitrarias”, afirmou Rubén Arroxo Arroxo, que afirmou que “seguiremos apoiando ao pobo colombiano, agardando que remate a represión das protestas populares”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza coa comunidade colombiana | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con representantes da comunidade colombiana en Lugo

Noticias relacionadas