Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con integrantes de COGAMI

Arroxo: “para construír unha mobilidade alternativa é necesario tamén facilitar ao máximo o a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade”

Os concelleiros do goberno de Lugo escoitaron as solicitudes de COGAMI e compartiron os proxectos que está a planificar a área de Mobilidade

Venres, 24 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con integrantes de COGAMI

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas mantiveron unha xuntanza xunto con integrantes de COGAMI para analizar os pasos a dar en canto a accesibilidade nas vindeiras intervencións do Concello de Lugo. O Tenente Alcalde explicou que “desde o goberno de Lugo traballamos para construír unha cidade amable coas persoas baseada nunha mobilidade alternativa que permita ás veciñas e veciños deixar o coche na casa”.

“No proceso de transformación da cidade é preciso facilitar ao máximo a accesibilidade a todas as persoas con problemas de mobilidade”, declarou Rubén Arroxo.

Os concelleiros escoitaron as necesidades que desde COGAMI se trasladaron para mellorar a accesibilidade en Lugo, e puxeron en común os proxectos que a área de Mobilidade está a planificar. “Na planificación dos proxectos sempre temos en conta cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible”, explicou Rubén Arroxo.

Audio

  • O edil da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza con COGAMI | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con integrantes de COGAMI

Noticias relacionadas