Rubén Arroxo convoca unha nova xuntanza da Mesa de Transporte Público

“Para a confección das novas liñas contamos con máis de 1000 propostas da veciñanza”, lembrou Rubén Arroxo

O concelleiro de Mobilidade avanzou que “mañá agardamos poder dar un paso adiante na mellora do transporte urbano de Lugo”

Xoves, 25 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo convoca unha nova xuntanza da Mesa de Transporte Público

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou a convocatoria dunha nova Mesa de Transporte Público “na que daremos conta dos avances realizados na renovación do transporte urbano de Lugo”, explicou Rubén Arroxo, que lembrou que “para a confección das novas liñas contamos con  máis de 1000 propostas da veciñanza”.

Na Mesa de Transporte Público están presentes, ademais de Rubén Arroxo como concelleiro de Mobilidade, concelleiros e concelleiras representantes do resto de Grupos Municipais, con Miguel Couto representando ao grupo municipal do PSOE, Antonio Ameijide por parte do PP e Olga Louzao por Ciudadanos. Rubén Arroxo afirmou que “desde a área de Mobilidade quixemos elaborar as novas liñas contando coa participación de toda a corporación municipal”.

A xuntanza da Mesa de Transporte Público terá lugar mañá, a partir das 9:00 no Salón de Comisións do concello.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a mesa de Transporte Público | Descargar mp3

Noticias relacionadas