Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde

Arroxo: “actuamos nunha zona que levaba moitos anos abandonada, mellorando un espazo peonil que estaba desaproveitado”

Hoxe comezaron os traballos, que consistirán no aumento das beirarrúas da zona e na eliminación dun carril de incorporación inutilizado hai anos.

Luns, 25 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, persoal técnico municipal e o presidente da Asociación Veciñal do barrio de Paradai, visitaron a praza da Árbore, ubicada na confluencia das rúas Río Sil, Conde e Salmón, onde o goberno de Lugo está a realizar unha actuación para, segundo explicou Rubén Arroxo “recuperar un espazo que levaba moito tempo abandonado e desaproveitado”.

O Tenente Alcalde explicou que “con esta intervención melloraremos a accesibilidade ao aumentar o tamaño as beirarrúas e reformando a praza para que a veciñanza da zona poida facer uso dela”. A intervención que leva adiante o Goberno de Lugo inclúe a eliminación dun carril de incorporación que levaba moitos anos inutilizado, o que aumentará o espazo adicado ao uso peonil.

Esta actuación realizarase en conxunto coa mellora da unión da rotonda que une Río Sil con Infanta Elena. “Nos últimos meses puxemos fin a un dos puntos negros máis importantes da cidade, na saída de Infanta Elena de cara a Río Sil, e con esta actuación complementaremos os traballos executados de xeito provisional nese momento, mellorando ese espazo de xeito definitivo, evitando que as solucións temporais perduren no tempo”, expliou Rubén Arroxo.

Audio

Multimedia

  • Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde

Noticias relacionadas