Rosana Rielo e Manuel Núñez toman posesión como concelleiros

A Alcaldesa subliñou “a incorporación destes dous grandes efectivos, que contan cunha recoñecida traxectoria persoal, profesional e na administración”

Xoves, 26 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Acto de toma de posesión

Rosana Rielo e Manuel Núñez tomaron posesión como concelleiros no Pleno ordinario que se está a celebrar este xoves. A Alcaldesa, Lara Méndez, subliñou “a incorporación destes dous grandes efectivos, que recupera o Concello, pois xa tivo a sorte de contar coa seu bo facer e disposición”. Méndez destacou a “recoñecida traxectoria persoal, profesional e na administración” de Rielo e Núñez, que “se van a poñer a traballar en favor dos veciños de Lugo en canto salgan do Pleno”, e desexóulles “moita sorte e acertos”.

Pola súa banda, Rosana Rielo asegurou que afronta esta nova etapa no Goberno “con moita ilusión por traballar unha vez máis polos nosos veciños e coa pretensión de facelo todos xuntos para conseguir entre todos un Lugo mellor”. “Cando se traballa en conxunto sempre se logran beneficios para a cidade e os cidadáns”, indicou.

Manuel Núñez afirmou que unha vez máis se incorpora ao Goberno “para sumar e dar resposta ás demandas que plantexan os veciños na medida das nosas posibilidades”.

Traxectoria dos edís

Rosana Rielo Rozas (Castro de Rei, 1979) é licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED, amais de Graduada en Traballo Social pola UNED, onde cursou un Máster en Xuventude e Sociedade. Empregada de banca, no anterior mandato foi Concelleira de Desenvolvemento Local.

Manuel Núñez López (Milleirós, Lugo -1958-) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestre na especialidade de Ciencias Sociais pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. É Director do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo. No anterior mandato, foi Concelleiro da Área de Servizos Xerais e de Participación Cidadá.

Audios

  • Lara Méndez, sobre a incorporación dos novos Concelleiros|Descargar mp3
  • Rosana Rielo, sobre a súa incorporación ao Concello|Descargar mp3
  • Manuel Núñez, sobre a súa incorporación ao Concello|Descargar mp3

Multimedia

Noticias relacionadas