Roi Casal, Loquillo e Abraham Mateo estarán no San Froilán 2016

Carmen Basadre avanzou tres novos concertos para este San Froilán coa actuación de Roi Casal o día 4,  Loquillo o día 7, e Abraham Mateo o día 8, todos eles na Praza Horta do Seminario

Estes concertos súmanse aos da compositora portuguesa María do Ceo xunto coa Banda Municipal de Lugo o día 9, e a actuación das Bandas de Lalín, Ponteareas, Ribadeo e Antas de Ulla o día 8

Venres, 02 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este venres tres novos concertos para o programa das festas deste San Froilán 2016. Trátase das actuacións de Roi Casal o día 4 de outubro,  Loquillo o día 7 de outubro, e Abraham Mateo o día 8 outubro, todos eles celebraranse na Praza Horta do Seminario.

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nado no ano 1980 en Catoira. Formou parte de Milladoiro, a banda máis internacional da música galega, entre os anos 2000 e 2009. Comeza a súa carreira en solitario en 2008 coa publicación de Lendas douradas. Este primeiro traballo, do que destaca o single Ninfa das Frescas Augas, convérsese rapidamente no disco máis vendido en Galicia ese mesmo ano. En 2016 publica Son galego, Son cubano, un traballo feito conxuntamente con Xosé Neira Vilas e no que participan destacados artistas de Galicia e Cuba como Pablo Milanés, Laritza Bacallao ou Nando Casal.

José María Sanz, máis coñecido por Loquillo, é un cantante español de rock nado en 1960 en Barcelona. Ata mediados de 2007, acompañárono os chamados Trogloditas, Simón, o último troglodita orixinal, deixou a banda e quedou co nome de Trogloditas. Actualmente preséntase como Loquillo, aínda que, acompañado dos seus colaboradores habituais, como Igor Paskual ou Josu García. No mes de abril de 2016 lanzou un novo disco en solitario, Viento del Leste.

Abraham Mateo é un artista español nado no ano 1998 en San Fernando e a súa relación coa música vén de longo. Con tan só 17 anos publicou xa tres álbums. Todos os seus discos alcanzaron a categoría de Disco de Ouro en España. A súa carta de presentación foi o seu primeiro single, Señorita. O videoclip desta canción xa superou os 100 millóns de reproducións, unha cifra récord en España, e máis tratándose do primeiro single dun artista novo con só 15 anos cando se publicou o single. No mes de novembro de 2015 publicou o seu novo álbum Are You Ready.

Estes concertos súmanse aos da compositora portuguesa María do Ceo xunto coa Banda Municipal de Lugo, que ofrecerán unha viaxe musical de Portugal a Galicia, acompañada da Banda Municipal de Música o 9 de outubro, Día das Mozas, na Praza de Santa María. Ademais, da actuación das Bandas de Lalín, Ponteareas, Ribadeo e Antas de Ulla, que amenizarán o Día do Ferrol, o 8 de outubro, xornada na que tamén terá lugar o tradicional desfile de gando.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre os tres novos concertos anunciados para o San Froilán | Descargar mp3

Noticias relacionadas