A rexedora de Lugo amosa o seu apoio ao alpinismo na presentación do equipo de tecnificación e entrega do equipamento ao equipo galego

Mércores, 16 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A rexedora de Lugo amosa o seu apoio ao alpinismo na presentación do equipo de tecnificación e entrega do equipamento ao equipo galego

O acto tivo lugar no Rocódromo, instalacións nas que o Concello de Lugo investiu 70.000 euros e que é un referente en España.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu ao acto de presentación do equipo de tecnificación de Alpinismo e á entrega do equipamento deportivo ao Equipo Galego de Novos Alpinistas, a cargo de Torre de Núñez, que tivo lugar está mañá no Rocódromo de Lugo, sito no pazo de Feiras e Congresos.

Ao acto tamén asistiu, José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte; José Manuel Torre de Núñez; Roberto Morís, delegado en Lugo da Federación Galega de Montañismo; José Manuel Pérez, director técnico da Federación Galega de Montañismo e dous deportistas do equipo de tecnificación de alpinismo.

A rexedora destacou o “exemplo e os valores que simboliza unha disciplina deste tipo que en canto a esforzo, sacrificio e por suposto o afán de superación”, ao tempo que incidiu en que “dende o  Concello traballamos e seguiremos a traballar coa finalidade de apoiar e fomentar a práctica deportiva en todas as idades”.

O Equipo Galego de Novos de Alpinistas está formado por tres homes e unha muller sendo a pertenza ao equipo de tres anos, pola complexidade que ten esta especialidade. Todos os integrantes teñen que escalar sobre rocha, xeo, neve e esquiar, o que implica ter unha gran capacidade de análise da contorna para manter unhas marxes de seguridade amplas.

Rocódromo, un referente

O acto tivo lugar no Rocódromo de Lugo, ubicado no Pazo de Feiras e Congresos, inaugurado en outubro de 2019 e no que o Concello investiu 70.000 euros. A instalación conta con 15 metros de altura, zona de velocidade homologada, máis de 3.000 presas de escalada e  zonas de dificultade extrema. Dispón tamén do primeiro muro de velocidade de 15 metros de altura indoor de toda España. Ademáis, cumpre cos requisitos do COI para a celebración de probas internacionais en formato olímpico, o que sitúa a Lugo como epicentro das competicións de escalada indoor en España.

 

Noticias relacionadas