A revista virtual Foeminas estrease en Youtube

Xoves, 24 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ademais, transmitirá a súa experiencia na rede nun congreso sobre comunicación

A revista Foeminas, no seu segundo aniversario, estrea unha nova ferramenta de comunicación destinada a afianzar os vínculos coas súas lectoras e os seus lectores. Trátase da apertura oficial dunha canle de comunicación interactiva en Youtube, un sitio da rede que reunirá unha grande parte do traballo desenvolto pola publicación.

Os lectores poden visitalo, subscribirse e intercambiar mensaxes en http://es.youtube.com/profile?user=foeminas

A canle de Foeminas representa unha estratexia máis para continuar afondando no debate de ideas e na difusión de nosa e a vosa tarefa reflexiva e cotiá.

Doutra banda, a revista Foeminas participará no Congreso Internacional “I+C Investigar a Comunicación” que se celebrará do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2008 en Santiago de Compostela, na facultade de Ciencias da Comunicación para expor ante profesionais e estudantes a súa experiencia en Internet.

Presentará o relatorio “Foeminas, dous anos de experiencia na rede”na Mesa de Estudos sobre o “Discurso: Muller e Medios”, o vindeiro mércores 30 de xaneiro de 18:00 a 19:30 horas. Esta oportunidade servirá para dar a coñecer o traballo desta publicación e intercambiar experiencias con investigadores de diferentes partes do mundo.

Noticias relacionadas