Reparada a biga da Praza Maior que simboliza un carro romano

O Concello pide responsabilidade no uso desta figura lúdico-escultórica ante a rotura desta peza que simboliza o pasado romando da cidade

A Guardia Pretoriana de Lugo promoverá en Roma o Arde Lvcvs o vindeiro xoves e venres

Luns, 18 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de reparar a biga que simboliza un carro romano situada ao fondo da Praza Maior, unhas actuacións que realizou o Consello do Ferro por mor do mal uso desta figura, ao que soamente se poden subir os máis cativos. Os traballos consistiron en endereitar as barras existentes e engadir unha máis, o que contribuirá á resistencia desta obra lúdico-escultórica. Ademais, procedeuse ao cambio dos resortes e a reencher os estribos, un reforzo armonioso co resto da figura.

A entidade local pide responsabilidade no seu uso, tanto aos lucenses como aos visitantes, ante a rotura desta peza que simboliza o pasado romano da cidade.

A Guardia Pretoriana volve ás súas orixes

O vindeiro xoves e venres, 21 e 22 de abril, a Guardia Pretoriana de Lugo participará en Roma no Natale di Roma. Trátase dunha festa de recreación histórica da fundación desa cidade, na que tamén estará presente o Arde Lvcvs, pois esta asociación achegará a Roma folletos informativos do festexo lucense. Esta viaxe servirá ademais para establecer contactos entre ambas cidades con pasado romano. 

Noticias relacionadas