Rematan as visitas teatrais ao Cemiterio Municipal “E logo ti... Quen vés sendo?”

Achádego Teatro encargarase da última visita o vindeiro 15 de decembro

A visita estarán limitadas a 50 persoas, que deberán retirar unha invitación

Domingo, 08 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rematan as visitas teatrais ao Cemiterio Municipal “E logo ti... Quen vés sendo?”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou a última actividade teatral E logo ti... Quen vés sendo?, a última da serie de 4 visitas teatralizadas ao cemiterio municipal que “se enmarcan no proxecto de difusión cultural do cemiterio, coa que se pretende mostrar a súa cara máis cálida e emocional, e tamén poñer en valor o patrimonio funerario”.

E logo ti... Quen vés sendo? É unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corren a cargo de Achádego Teatro, grupo de teatro da cidade cunha importante traxectoria, a través da cal se poderán realizar unha serie de visitas ao recinto onde os diferentes persoeiros representados en cada unha delas contarán aspectos relevantes das súas vidas, axudando tamén a situalos no tempo e na vida social e rememorando a historia da cidade.

Cristina López indicou que esta última visita se realizará o domingo 15 de decembro, e estará limitada a 50 persoas que deberán retirar unha invitación na Oficina Municipal de Turismo, e lembrou que se pode obter máis información no 010.

Noticias relacionadas