Rematan os roteiros da programación de Benestar “Lugo Móvese con Maiores” cun percorrido polo Lugo Histórico

A concelleira Olga López Racamonde saudou ás persoas participantes na andaina desta mañá que incluía unha visita ao Museo Provincial.

A iniciativa tiña como finalidade a promoción de hábitos de lecer saudables e favorecer a socialización nun contexto sanitario seguro.

Venres, 27 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rematan os roteiros da programación de Benestar “Lugo Móvese con Maiores” cun percorrido polo Lugo Histórico

A concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, Olga López, saudou esta mañá ás persoas participantes no último roteiro pola cidade enmarcado dentro da edición de verán da iniciativa Lugo móvese cos maiores, coa que finaliza así este programa de animación sociocultural.

Na xornada de hoxe ás e os asistentes percorreron o Lugo Histórico, unha ruta que tamén incluíu a visita ao Museo Provincial e coa que se completa a proposta de Benestar “para que as e os maiores de 65 anos coñezan e gocen non só o patrimonio artístico e cultural da contorna urbana senón tamén do noso rural”, afirmou a edil en alusión ás andainas que se guiaron por puntos de interese das parroquias do municipio como son a Vía Künig, o Camiño Primitivo ou o Vello Lugo Agrario.

Estes roteiros, xunto ás clases de ximnasia grupais ao aire libre, nas prazas da cidade, foron algunhas das propostas coas que o executivo local quixo promover, entre as e os maiores de 65 anos, alén da súa socialización, un entretemento saudable para gozar do seu tempo de lecer nun contexto sanitario seguro.

Noticias relacionadas