Remata o proceso de traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior

Os colectivos culturais promotores do traslado protagonizaron o acto de apertura

O acto contou coa presenza de integrantes da Corporación e os dous ex-directores da banda municipal, Indalecio F. Groba e Rosendo Iborra, fixeron a ofrenda floral durante o acto

Mércores, 24 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Remata o proceso de traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior

Na mañá de hoxe realizouse o acto de apertura ao público do busto de Xoán Montes na súa nova ubicación na Praza Maior. Desde a área de Cultura, decidiuse dar o protagonismo deste acto aos distintos colectivos culturais lucenses que promoveron o traslado da figura.

O acto contou coa intervención musical do pianista Aurelio Chao e da cantante Esperanza Iglesias Méndez, que interpretaron temas compostos por Xoán Montes, e coa intervención de Fernando Gómez Jácome, director de varias corais lucenses. Ademais, realizouse unha ofrenda floral a cargo de Rosendo Iborra e Indalecio F. Groba, antigos directores da Banda Municipal de Lugo. Tamén estiveron presentes representantes da corporación municipal, xunto coa Alcaldesa de Lugo, o Tenente de Alcalde e a edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

O busto pasou por un proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, que se encargou  de eliminar a suciedade das pezas de mármore e granito que compoñen a obra, mantendo as marcas de envellecemento propias da peza.

O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión de 18.000 euros. Esta actuación tivo como obxectivo resituar a figura de Xoán Montes no centro da cidade. Esta ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza maior, o Círculo das Artes e a Catedral.

Máis info

  • Discurso de Fernando G. Jácome, sobre o traslado do busto de Xoán Montes | Descargar pdf

Multimedia

  • Remata o proceso de traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior
  • Remata o proceso de traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior
  • Remata o proceso de traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior
  • Remata o proceso de traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior

Noticias relacionadas