Remata o Circuíto de Carreiras Populares Corre con Nós

Venres, 13 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Circuíto de Carreiras Populares Corre Con Nós, organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, remata esta fin de semana coa derradeira carreira de adultos.

A proba dará comezo ás 12:00 horas do recinto polideportivo de Frigsa, fronte á Piscina Municipal, para completar unha distancia de 6 quilómetros que discorrerá polas inmediacións do parque de A Milagrosa e a Avda. Duquesa de Lugo.

Nesta carreira se decidirán os tres primeiros postos das clasificacións da liga Corre Con Nós masculina e feminina, así como os gañadores absolutos do circuíto e o equipo gañador do mesmo.

Está prevista unha participación de 650 atletas que rematarán o circuíto desta tempada.

Ao remate da carreira celebrarase a festa final coa entrega dos trofeos e obsequios deportivos da marca deportiva patrocinadora New Balance.

Unha vez rematada a cerimonia, todos aqueles que retiraran o tícket da Pulpada pasarán á carpa montada para a ocasión donde  degustarán empanada, pulpo, pan, cachelos e bebida todo iso amenizado polo grupo folk de taberna ESTOUPACALDEIROS que darán unha nota musical divertida durante á comida.

Lembrar que todos e todas as deportistas que completaran seis das carreiras do circuíto que poden recoller os vales de material deportivo entre os días 17 e 27 de xuño na Concellería de Deportes en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Noticias relacionadas