Reflexión no Vello Cárcere sobre os ritos funerarios de Galicia e México

Mércores, 19 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, asistiu este mércores a unha xornada sobre cultura funeraria de México e as súas diferenzas coa de Galicia, organizada pola entidade local e a USC no Vello Cárcere.

Elena Freire Paz, da USC, e Daviel Reyes, da universidade mexicana de Anáhuac, explicaron os ritos e tradicións existentes en Galicia e México, intervencións que se viron apoiadas cunha representación plástica de estruturas funerarias.

Esta iniciativa dá continuidade á conferencia do profesor Daviel Reyes sobre O Culto á Santa Morte. Breve análise do culto á Santa Morte ou ao culto ao único seguro, organizada por ambas as dúas institucións a principios deste mesmo mes.

Noticias relacionadas