A rede semafórica da cidade dispón de dispositivos sonoros en 91 pasos de peóns

Manuel Núñez informou de que o Concello instalou recentemente un novo dispositivo no paso de peóns situado no cruce entre as rúas Anxo López Pérez e Bispo Aguirre

Os dispositivos de sinalización acústica contan coa emisión de mensaxe de voz gravado con volume axustable, evitando así as posibles molestias á cidadanía

Venres, 03 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou de que o Concello leva instalados dispositivos sonoros en 91 pasos de peóns. Recentemente, a entidade local colocou uns novos dispositivos deste tipo no paso de peóns situado no cruce entre as rúas Anxo López Pérez e Bispo Aguirre.

Ademais, xa dispoñen dos mesmos, os cruces da Ronda da Muralla, Rúa San Roque, Praza Conde Fontán, Avenida da Coruña, Camiño Real, Rúa Tui, Rúa da Milagrosa, Avenida de Madrid e Glorieta Irmáns Pedrosa, entre outros. A maiores, xa se cursaron instruccións para modificar as lendas e mensaxes dos semáforos dado que se cambiou o rueiro.

O Concello decidiu, sempre contando coa opinión dos colectivos sociais, instalar estes dispositivos de sinalización acústica con emisión de mensaxe de voz gravado, e con volume axustable, evitando así as posibles molestias á cidadanía.

Estas actuacións, nas que xa se levan invertido máis de 105.000 euros, lévanse a cabo a través do convenio entre o Concello, o IMSERSO e a Fundación ONCE, co que se realizan distintas tarefas de accesibilidade na cidade.

Lugo accesible

Estes traballos súmanse o outros realizados pola entidade local e responden á decidida aposta do Goberno municipal para acadar unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora.

Neste sendo, Lugo acadou a mención especial por Smart City nos premios europeos de accesibilidade Access City Award, ademais foi Destino Turístico Accesible e Premio Reina Sofía de Accesibilidade.

Noticias relacionadas