Recepción no Concello ó equipo galego de pentatlón moderno

Luns, 07 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá unha recepción ó equipo galego de pentatlón moderno, do que forman parte o campión de España absoluto, Cristóbal Rodríguez, que estivo representado no acto pola súa nai xa que o deportistas está estes días en Hungría; o campión de España infantil, Joel Rois Rodríguez, e a campioa de España alevín, Aroa Freije Torneiro.

O Alcalde deulles o parabén “por levar o nome de Lugo tan alto, tan forte e tan lonxe”. Tamén os felicitou por gañar nestas competicións pero,sobre todo, felicitounos por facer o esforzo que significa adestrar todos os días.

Multimedia

Noticias relacionadas