Realizado o sorteo de adxudicación de prazas e elección de horarios na Escola Municipal de Música

Mañá publicaranse as listaxes provisionais de alumnado admitido e de agarda no taboleiro da Escola, establecéndose un prazo de 10 días naturais para alegacións. O listado definitivo poderá consultarse a partir do luns, 16 de xullo

Mércores, 04 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Música realizou este mércores o sorteo público, por letra, para a adxudicación de prazas e elección de horarios, segundo recollían as bases para o procedemento de matrícula da escola.

As letras que resultaron do sorteo, celebrado nas propias dependencias da escola a partir das 10:00 horas, son as seguintes:

  • Primeiro apelido: C H
  • Segundo apelido: U D

As prazas e os horarios das clases adxudicaranse, polo tanto, dende ditos apelidos.

Mañá publicaranse as listaxes provisionais de alumnado admitido e de agarda no taboleiro da Escola, establecéndose un prazo de 10 días naturais para as alegacións oportunas. O listado definitivo poderá consultarse a partir do luns, 16 de xullo.

Para o 2018-2019, o Concello ofrece un total de 910 prazas en 22 instrumentos e disciplinas diferentes. As materias que se impartirán divídense en catro bloques que conteñen as seguintes prazas: 28 de frauta traveseira; 60 de clarinete; 45 de saxofón; 10 de fagot; 6 de trompa; 18 de trompeta; 18 de trombón; 3 de tuba-bombardino; 17 de percusión; 22 de gaita; 8 de pito pastoril galego; 14 de piano; 82 de música e movemento; 180 de formación básica; 200 de linguaxe musical; 120 de formación para adultos (a partir de 16 anos); 15 de improvisación; 6 de gravación de edicións e son e iniciación á informática musical; 15 de big band; 15 de círculo de tambores; 8 de grupo percusión tradicional e 20 combo de formación de adultos.

As especialidades para as que non hai límite de prazas son: grupo de clarinetes; grupo de saxofóns; banda; banda infantil; coro moderno; grupo tradicional; grupo didáctico de pito pastoril galego; charanga; grupo de pandeiretas; grupo de metais graves e aula de técnica base metal grave

Concurso de deseño do CD da Escola

Esta tarde, a partir das 17:00 horas, reuniuse o xurado do primeiro concurso de deseño gráfico do CD da Escola Municipal de Música, formado por catro representantes do profesorado da escola e 3 do alumnado. Ao non presentarse nadie por parte dos centros educativos, prémianse a dous alumnos da Escola, ao ser estes ao mesmo tempo alumnos dos citados centros. Os lemas gañadores foron: Capitana Salchica, de Iria Rojo, e Concerto en Santo Domingo, de Pablo Engroba. Os premios consisten en 220 euros en material escolar.

Noticias relacionadas