Quince axentes da Policía Local toman posesión nun acto presidido pola Alcaldesa

A finais deste ano o corpo da Policía Local de Lugo contará con 22 policías máis

Mércores, 11 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Quince axentes da Policía Local toman posesión nun acto presidido pola Alcaldesa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada  do Inspector Jesús Piñeiro, presidiu esta mañá a toma de posesión de 15 policías, procedentes da convocatoria unitaria o que reforza a plantilla actual do corpo. A alcaldesa de Lugo recalcou que “Este reforzo en efectivos permitirá optimizar a organización do servicio e mellorar a súa calidade, o que redundará nunha mellora da seguridade cidadá”. 

Unha vez finalizado o proceso de selección, os aprobados na oposición libre escolleron destino segundo a orde de puntuación que obtiveran no proceso. E realizarán o curso na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), na localidade pontevedresa da Estrada, desde o 12 de marzo ao 30 de novembro de 2020.

Devandito curso divídese en dous períodos. Na Academia os policías alumnos estarán desde o 12 de marzo ao 19 de xuño de 2020 e do 7 de setembro ao 13 de novembro de 2020 e nos concellos de procedencia, realizando o período de prácticas, do 20 de xuño ao 6 de setembro de 2020 e do 14 ao 30 de novembro de 2020. Ademais o Concello de Lugo envía á AGASP a catro axentes de mobilidade que superaron o curso especial de integración para policía local.

A finais deste ano o corpo da Policía Local de Lugo contará con 22 policías máis, tres policías que xa teñen superado o curso básico, 11 efectivos dos que tomaron posesion esta mañá pero deben realizar o curso na AGASP e catro axentes de mobilidade que se integran no Corpo de Policía Local, únense a catro policías procedentes doutros concellos de Galicia que se integrarán no Corpo de Policía Local de Lugo pola modalidade de mobilidade xeográfica.

O Curso básica desenvolverase na sede da AGASP en réxime de internado, en sesións de mañá e tarde, de luns a venres e impartiranse, entre outros, os seguintes módulos formativos:

  • Xurídico
  • Policía de tráfico
  • Operativo
  • Asistencial
  • Policía Administrativa
  • Social
  • Humanístico
  • Policía Xudicial e de investigación
  • Formación Física

O curso ten unha duración de 9 meses, seis de formación teórica na AGASP e 3 meses de prácticas nos respectivos concellos de procedencia. Os tres policías da convocatoria unitaria e os catro policías procedentes de mobilidade xeográfica tomarán posesión en breve como funcionarios de carreira do Concello de Lugo.

Noticias relacionadas