“Queremos recibir propostas para que o San Froilán siga sendo a grande festa do outono galego” dixo Maite Ferreiro

A edil de Cultura anunciou que en breve se constituirá a comisión de festas “esta mesma mañá xa lles pedimos aos grupos da corporación aportación de ideas para o programa de festas”

Def Con Dos será un dos grupos que actuará no San Froilán “por que as festas de Lugo teñen que ser un espazo para a liberdade de expresión”

Luns, 15 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
“Queremos recibir propostas para que o San Froilán siga sendo a grande festa do outono galego” dixo Maite Ferreiro

A edil responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou a constitución en breves da comisión especial de festas. Esta comisión, que estará formada por 3 membros do grupo Socialista, 3 do grupo Popular, 2 do Bloque Nacionalista Galego e 1 do Grupo Municipal Ciudadanos. “Esta mañá xa lles pedimos aos grupos da corporación aportacións de ideas para o programa das festas”, indicou a edil de cultura, Maite Ferreiro, e engadiu, “queremos recibir propostas para que o San Froilán siga sendo a grande festa do outono galego”.

Maite Ferreiro indicou que “escoitaremos as propostas de todas as veciñas e veciños  e dos colectivos de Lugo” para ter unhas festas con variedade de estilos e programación. “Imos facer que estas sexan as festas de todas as lucenses”.

Ferreiro anunciou que Def Con Dos será un dos grupos cos que contará o San Froilán este ano “porque as festas de Lugo teñen que ser un espazo para a liberdade de expresión e para a diversidade”. “Convidamos a todas as persoas que non puideron desfrutar deste grupo en Madrid debido ao retroceso das liberdades impulsadas polos gobernos de dereitas” Indicou Maite Ferreiro. e anunciou que existirán descontos en medios de transporte para viaxar dende Madrid ata Lugo.

Audio

Noticias relacionadas