Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

Felipe Rivas: "recuperamos as prazas eliminadas o ano pasado, ao optimizar a aplicación dos protocolos sanitarios"

As listaxes poden consultarse nos taboleiros de anuncios das escolas infantís, no taboleiro do Concello e nas oficinas da Concellería de Educación

Venres, 28 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que "a melloría da situación permitiunos recuperar as prazas eliminadas o ano pasado".

As listas poden consultarse durante os vindeiros 10 días hábiles nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación. O prazo para presentar alegacións estenderase até o 11 de xuño, mediante o rexistro electrónico do Concello de Lugo, o rexistro presencial solicitando cita previa ou calquera outro rexistro público.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre as prazas nas Escolas Infantís | Descargar mp3

Noticias relacionadas