Publicadas as listas definitivas de prazas de novo ingresos nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2018/2019

As persoas interesadas poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010

O prazo para formalizar a matrícula é do 11 ao 22 de xuño, na escola na que os cativos  e cativas teñan praza

Venres, 08 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publicou este venres as listas definitivas de nenos e nenas admitidas no vindeiro curso 2018/2019 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís, creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer; así como as listaxes de espera e desestimados e desestimadas.

Todas as persoas interesadas poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010.

O prazo para formalizar a matrícula é do 11 ao 22 de xuño, na escola na que os cativos  e cativas teñan praza. 

Noticias relacionadas