Publicadas as listas das nenas e nenos admitidos nas Aulas Abertas, dentro da programación de animación sociocultural de verán

Poden consultarse a través do 010 ou nos propios centros de convivencia

Ampliado o prazo para pagar as correspondentes taxas ata o vindeiro luns, 19 de xuño, incluído

Xoves, 15 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, dirixida por Ana González Abelleira, informa da publicación das listas das nenas e nenos admitidos nas Aulas Abertas, organizadas dentro da programación de animación sociocultural de verán, trala celebración do sorteo que tivo lugar este xoves. As listas das nenas e nenos admitidos poden consultarse a través do teléfono de información municipal 010 ou nos propios centros de convivencia nos que se imparten as actividades.

A Concellaría pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas debido ao retraso producido na celebración do sorteo das prazas, debido a problemas informáticos, que se solucionaron coa maior brevidade posible. Ante esta incidencia, a entidade local comunica que amplía o prazo para pagar as correspondentes taxas ata o vindeiro luns, 19 de xuño, inclusive.

Noticias relacionadas