Publicada no BOP a contratación da subministración de 10.000 tarxetas cidadás

As primeiras 2.500 tarxetas deberán ser entregadas no prazo dun mes a partir da formalización do contrato, mentres as restantes serán entregadas en lotes de 2.500 aos tres, seis e nove meses

Xoves, 21 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de sacar a contratación da subministración de tarxetas cidadás, tras declararse deserto o anterior procedemento. Serán 10.000 tarxetas cun importe de 33.000 euros. As primeiras 2.500 tarxetas deberán ser entregadas no prazo dun mes a partir da formalización do contrato, mentres as restantes serán entregadas en lotes de 2.500 aos tres, seis e nove meses.

Tal e como se publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia, e tamén no Perfil do Contratante da web municipal www.lugo.gal, todas as empresas interesedas deberán presentar as súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello nun prazo de 15 días naturais.

A Tarxeta Cidadá é un dispositivo intelixente multiservizo, que lle permite a todas as persoas usuarias identificarse e facer uso dos servizos municipais dun modo máis rápido e sinxelo. Máis de 20.000 persoas solicitaron a tarxeta dende a súa posta en funcionamento, no ano 2011.

As tarxetas, segundo o procedemento habitual, expídense no momento, no Centro de Servizos Municipais, de 09:00 a 14:00 horas, previo abono da taxa municipal correspondente, de 3,09 euros.

Noticias relacionadas