Publicada a lista de empresas e asociacións sen ánimo de lucro seleccionadas no (Con) trato feito!

Todos os interesados poden consultar xa a listaxe no BOP, en www.lugo.gal, no taboleiro de anuncios da entidade local e no 010. Dende mañá ábrese un prazo de 10 días para contratar aos desempregados e desempregadas

O Salón de Actos do CEI-NODUS acollerá mañá ás 11:00 horas unha sesión informativa relacionada coa execución deste plan, á que acudirá a Alcaldesa e a Concelleira de Economía

Martes, 03 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello publica hoxe a lista de empresas e asociacións sen ánimo de lucro seleccionadas no (Con) trato feito!, o plan de emprego 100% municipal. Todos os interesados poden consultar xa a lista de beneficiarios no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe, así como na páxina web municipal, www.lugo.gal, e no taboleiro de anuncios da entidade local. Así mesmo, pódese consultar no Servizo de Información Cidadá 010.

En total, foron seleccionadas 75 empresas, para as que o Concello destina preto de 916.000 euros, e 12 colectivos, para os que destina preto de 218.600 euros. Para a primeira das liñas son subvencionables o 70% dos custos salariais e para a segunda, o 100%. Trátase dun plan que intenta axustar a oferta á demanda real, co que o Concello busca facilitar a empregabilidade de calidade e en boas condicións salariais no municipio.

O prazo de contratación dos desempregados e desempregadas será de 10 días naturais a contar dende mañá, é dicir ata o 13 de xaneiro. As empresas e asociacións sen ánimo de lucro beneficiarias deberán entregar nese mesmo prazo a documentación de aceptación da subvención e de xustificación da contratación efectuada.

Así mesmo, mañá celebrarase unha sesión informativa no Salón de Actos do CEI-NODUS, ás 11:00 horas, relacionada coa execución deste plan, á que acudirán a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto. Tamén se darán instruccións e resolveranse as dudas xurdidas ás empresas e colectivos respecto ao mesmo e ás contratacións a realizar.

Máis información no enderezo electrónico contratofeito@concellodelugo.org e no 982-297-648.

Audio

  • Fernández, sobre a lista de empresas e asociacións sen ánimo de lucro seleccionadas | Descargar mp3

Noticias relacionadas