Publicada a lista de admitidos para os V Cursos de Primavera Segura

Todos os interesados poden consultar a lista no taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na páxina web do Concello www.lugo.gal e na Xefatura de Tráfico

Xoves, 21 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de publicar a lista de admitidos e excluídos para os V Cursos Primavera Segura, que arrincarán o vindeiro luns e se desenvovlerán ata o 27 de maio no Parque Infantil de Tráfico. Todos os interesados poden consultar a lista no taboleiro de anuncios do PIT, na páxina web do Concello www.lugo.gal e na Xefatura de Tráfico.

Trátase duns cursos organizados pola entidade local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, dirixidos a uns 120 nenos en nenas, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos. Nestes cursos, os máis cativos adquirirán condutas seguras como peóns, viaxeiros e usuarios do transporte público e privado. Ademais, recibirán formación en aspectos sobre tráfico, hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, e situacións de tráfico reais.

Estableceranse 5 quendas en función das idades dos cativos e cativas. Unha primeira quenda do 25 ao 29 de abril para os nenos e nenas de entre 12 e 13 anos, un segundo e un terceiro, do 2 ao 7 de maio e do 9 ao 13 de maio, para os de 10 e 11 anos, e un cuarto e quinto, do 16 ao 20 e do 23 ao 27 de maio, respectivamente, para os nenos de 8 a 9 anos. As actividades desenvolveranse en horario de tarde, entre as 17:00 e as 19:30 horas, e cada grupo, non superior a 15 alumnos, asistirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente, recibindo formación teórica e práctica.

Noticias relacionadas