A proxección de Lágrimas Rojas , do ciclo de cine xuvenil Muller e Interculturalidade, aprázase ao venres 4 de xullo

Venres, 20 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe venres, 20 de xuño, estaba prevista a proxección de Lágrimas Rojas para dar continuidade ao ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre. Por mor da celebración da festa do Arde Lucus, esta proxección aprázase ao vindeiro 4 de xullo, aumentándose en un venres máis o calendario previsto.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.

Noticias relacionadas