Prisioneiras será o cartel anunciador das VI Xornadas Locais sobre violencia de Xénero

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Juan José Neira resultou gañador do concurso de deseño gráfico para a elaboración do cartel anunciador das VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero, organizado pola Casa da Muller, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.

O título da obra gañadora é Prisioneiras. O cartel foi relizado sobre as fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia de xénero, que son o tema central sobre o que xiraron os 20 traballos que entraron a concurso. A temática do cartel está directamente relacionada co tema central destas xornadas.

O xurado estivo formado pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre e persoal técnico da Casa da Muller. Contaron tamén co asesoramento de deseñadoras e deseñadores.

O gañador do concurso recibirá un agasallo e un premio en metálico dotado con 600 euros.

Noticias relacionadas