Primeiro balance do turismo do ano: o 79% dos turistas estranxeiros que visitaron a oficina de turismo e os museos en xaneiro procedían de Arxentina e Brasil

En conxunto, tanto o turismo nacional como o foráneo mantén o tirón e o ritmo de xaneiro do ano pasado, rexistrándose un dato parecido ao do ano anterior, máis de 2.000 visitantes

As e os turistas de Madrid, País Vasco e Cataluña son os que acaparan as visitas nacionais

Luns, 04 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O primeiro balance do turismo do ano en Lugo: o 79% dos turistas estranxeiros que visitaron tanto a Oficina Municipal de Turismo como os centros museográficos do Concello proxedían de Arxentina e Brasil. Tamén se achegaron ao municipio viaxeiros e viaxeiras de Portugal, Reino Unido, Alemaña, Estados Unidos, Francia e Italia, entre outros.

En conxunto, tanto o turismo nacional como o foráneo mantén o tirón e o ritmo de xaneiro do ano pasado, rexistrándose un dato parecido ao mesmo mes do 2017, máis de 2.000 visitantes. As e os turistas de Madrid, País Vasco e Cataluña son os que acaparan as visitas nacionais, xa sexa nas instalacións da Praza do Campo como no Centro  Arqueolóxico de San Roque, na Casa dos Moaicos, no Museo Interactivo da Historia de Lugo ou en Porta Miñá.

A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre celebrou a competitividade que gaña mes tras mes e ano tras ano Lugo como destino turístico, que cada vez gusta máis a quen o visita, pois é un municipio equilibrado en canto a patrimonios, acolledor, e ao mesmo tempo, cunha gran oferta cultural diversa e de calidade.

Noticias relacionadas