A primeira concentración de Babybasket péchase cun éxito rotundo de participación

No torneo, organizado pola Anpa Rosalía de Castro en colaboración co Concello de Lugo, participaron ao redor dun cento de deportistas de entre 5 e 9 anos

Martes, 17 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A primeira concentración de Babybasket péchase cun éxito rotundo de participación

93 deportistas de entre 5 e 9 anos, moitos deles e delas debutantes, disputaron esta fin de semana a primeira concentración Babybasket da tempada.

O encontro, que se celebrou en horario matinal e, segundo dispón o regramento, en réxime de concentración, estivo organizado pola Anpa Rosalía de Castro en colaboración coa área de Deportes.

Na cancha do polideportivo de Frigsa, recentemente reformada e que case estreaba pavimento para a ocasión, tiveron representación o Estudiantes Lugo, Maristas Lugo, Ensino, María Auxiliadora e Franciscanos ademais do Rosalía de Castro, que celebraron un total de 15 partidos, tres por equipo.

Papel destacado foi o desempeñado por Maximus, mascota do Leite Río Breogán, que causou gran sensación entre as e os participantes, compartindo xogos, celebrando canastras ou sacando fotos para o recordo. Xa no acto de clausura, Miguel Fernández, concelleiro de Deportes e Medio Rural, entregou, coa inestimable colaboración de Maximus, unha medalla a cada xogador e deu por clausurada a concentración, que foi todo un éxito de participación, organización e, o máis destacable, de sorrisos e ilusión.

Multimedia

  • A primeira concentración de Babybasket péchase cun éxito rotundo de participación

Noticias relacionadas