A previsión de mal tempo causa o adiamento dun concerto previsto para mañá na Ponte romana

Venres, 18 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que queda aprazada, por mor da previsión de mal tempo, unha actuación programada para mañá na Ponte romana.

Concretamente, trátase da actuación do Coro da Ra “Concerto Comando”, que estaba anunciada para mañá sábado, día 19 de xullo, ás 20.30 horas.

O concerto celebrarase no mes de setembro, en data por determinar que se anunciará no seu momento.

Noticias relacionadas